Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de diciembre de 2012

A correos!

 Este ano felicitámonos o Nadal mandándonos unhas postais, para elo acudimos á oficina de correos, onde mercamos os selos e aproveitamos para coñecer que hai detrás dos envíos. Alí amosáronnos como funciona todo o proceso: dende o momento en que mercamos o selo ata o momento no que as cartas saen da oficina. Incluso vimos como lles puñan o mataselos!!

Este é o momento no que chegamos á oficina, por sorte había pouca xente, pero rapidamente se encheu a oficina, recordai que estamos en época de Nadal, e moitos familiares están no estranxeiro.

Abaixo temos o momento no que mercamos o selo e o pegamos, con moito tino, arriba á dereita, como ben nos explicaron. Ahí está Hugo sen perder detalle.

Á dereita, Carlota e Melani, moi contentas, depositando as súas postais no buzón con forma de león, no exterior de correos. Abaixo, vemos a onde van parar as cartas cando as metemos no buzón exterior de correos, proceso previo ao mataselado que nos amosan a continuación. E aquí estamos co carteiro, xa todo uniformado, que comezaba a súa xornada laboral, recollendo as cartas na oficina para repartilas despois por toda a cidade, por eso é moi importante poñer ben a dirección de envío, para que non haxa fallos, tamén é necesario poñer sempre o remitente, por si non se atopa a dirección, retornen as cartas á nosa casa.
  
 E así, todos reunidos, rematamos a visita á oficina de correos, onde aprendemos moitísimas cousas e además saímos cheos de regalos, mirai mirai nas fotos o contentos que estamos.

Queremos agradecer a todo o persoal da oficina de correos o trato tan amable que nos deron, e a paciencia que tiveron con nos, xa que estiveron moi atentos á hora de explicarnos como funciona a oficina, a pesar de toda a xente que alí había xa a última hora, MOI FELÍZ ANO A TODOS!!!

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Titiricircus

Xenial esta obra, rimos a fartar cos títeres, estivo moi entretida e pasamos un moi bo rato vendo como estes dous persoaxes nos deleitaban coa súa arte.
En pleno acto.
Á saída.

Wildlife "Mais lentos ca unha tartaruga"

Todos moi atentos.
A nosa segunda saída resultou moi entretida, xa que aprendemos detalles sobre os animais moi curiosos. Fomos ver unha exposición de fotos onde nos explicaron moitas cousas
Que monada!!
Que ben traballamos!
Os resultados.

Si papás, as cousas fóronsenos un pouco das mans...

"O coleccionista de paisaxes"

A nosa primeira saída do Trimestre!!! 
Os nenos do Primeiro Ciclo de Primaria fomos ata o Auditorio para ver  "O coleccionista de paisaxes", onde nos entretiveron cunha obra moi interesante sobre os sons aos que non soemos prestar atención.
Un pequeno exemplo do que vimos, bonito verdade?
Os instrumentos musicais que nos ensinaron.