miércoles, 28 de noviembre de 2012

Titiricircus

Xenial esta obra, rimos a fartar cos títeres, estivo moi entretida e pasamos un moi bo rato vendo como estes dous persoaxes nos deleitaban coa súa arte.
En pleno acto.
Á saída.

Halloween!!



Case nos esquecemos da primeira festa que tivemos: a de Halloween, que veu co fin de Outubro. En Galicia é o Samaín, pero como estamos aprendendo sobre outras culturas, fixemos un decorado de Halloween, levamos cabazas con caras ao cole e todo! Que ben o pasamos disfrazándonos e comendo chuches.
Nico orgulloso do seu traballo.
Panetone! que rico!
E que medo!! Pantasmas na porta, arañas no corcho, esqueletos por todos lados...
Trick or treat??

Wildlife "Mais lentos ca unha tartaruga"

Todos moi atentos.
A nosa segunda saída resultou moi entretida, xa que aprendemos detalles sobre os animais moi curiosos. Fomos ver unha exposición de fotos onde nos explicaron moitas cousas
Que monada!!
Que ben traballamos!
Os resultados.

Si papás, as cousas fóronsenos un pouco das mans...

Skeleton

Mentres, en Science, os nenos de 2º de E.P. aprendemos sobre o noso corpo, eso sí, en inglés, que somos bilingües!
Este é o noso primeiro mural, deunos traballo, pero quedounos "super cool", que non se diga.


Mirade a Manoliño ahí no medio todo orgulloso, aprendemos moito con el.

Magosto

E co final de Setembro e o Outono, ven o esperado Magosto, a festa da castaña.

Outono

E así foi chegando o Outono....e  con el, un novo cambio de decorado na aula de 2º de Primaria.

"O coleccionista de paisaxes"

A nosa primeira saída do Trimestre!!! 
Os nenos do Primeiro Ciclo de Primaria fomos ata o Auditorio para ver  "O coleccionista de paisaxes", onde nos entretiveron cunha obra moi interesante sobre os sons aos que non soemos prestar atención.
Un pequeno exemplo do que vimos, bonito verdade?
Os instrumentos musicais que nos ensinaron.
 

Obxectivo

Nesa primeira semana de clase, coñecemos cal será o obxectivo deste ano: Ecoloxía e vida; na clase de segundo de Primaria vémolo deste xeito:

Benvida na aula de 2º E.P

Na aula de 2º de Primaria recibironnos con esta benvida:
Temos unha ra cos nosos nomes para lembrarnos dos nosos aniversarios!!


miércoles, 14 de noviembre de 2012

Setembro


Estreamos o curso cun cartel de "benvidos de novo".
Da gusto volver ver aos compañeiros despois de todo un verán.

Benvida

Estimados/as pais e nais: 
@s profes de Primaria damosvos a benvida o blog neste novo curso, a través do cal trataremos de mantervos informados das actividades que se van realizando nas aulas, permanecede atentos ás novidades!

Saúdos.