Con moito esforzo e a axuda da súa avoa, este foi o resultado.
| As homenaxeadas deste mes: Melani, Antía, Ana Valentina e Uxía, moi animadas co seu agasallo. |
Casi non podíamos esperar a comela, entre a boa pinta que tiña e o ben que cheiraba custounos esperar, eso sí, en canto puidemos, abalanzámonos sobre ela coma tigres!! Creo que ese día os alumnos de 2º de Primaria chegamos a casa co estómago tan cheo que apenas probamos bocado.
E non só os de 2º, o resto de clases tamén tivo oportunidade de probar un anaquiño, xa que Lara foi de aula en aula para que todos comesen un pedaciño.
Gracias Lara por este detalle!!!