jueves, 27 de diciembre de 2012

Aniversarios Decembro

Ten unha pinta exquisista, verdade? Pois así de rica estaba a marabillosa tarta de lambonadas coa que Lara nos deleitou.
Con moito esforzo e a axuda da súa avoa, este foi o resultado.

As homenaxeadas deste mes: Melani, Antía, Ana Valentina e Uxía, moi animadas co seu agasallo.
 Casi non podíamos esperar a comela, entre a boa pinta que tiña e o ben que cheiraba custounos esperar, eso sí, en canto puidemos, abalanzámonos sobre ela coma tigres!! Creo que ese día os alumnos de 2º de Primaria chegamos a casa co estómago tan cheo que apenas probamos bocado.
E non só os de 2º, o resto de clases tamén tivo oportunidade de probar un anaquiño, xa que Lara foi de aula en aula para que todos comesen un pedaciño.
Ó final do día esto foi o que quedaba da bonita tarta, solo nos faltou pasarlle a lingua á bandexa!!! 
Gracias Lara por este detalle!!!



A correos!

 Este ano felicitámonos o Nadal mandándonos unhas postais, para elo acudimos á oficina de correos, onde mercamos os selos e aproveitamos para coñecer que hai detrás dos envíos. Alí amosáronnos como funciona todo o proceso: dende o momento en que mercamos o selo ata o momento no que as cartas saen da oficina. Incluso vimos como lles puñan o mataselos!!

Este é o momento no que chegamos á oficina, por sorte había pouca xente, pero rapidamente se encheu a oficina, recordai que estamos en época de Nadal, e moitos familiares están no estranxeiro.

Abaixo temos o momento no que mercamos o selo e o pegamos, con moito tino, arriba á dereita, como ben nos explicaron. Ahí está Hugo sen perder detalle.

Á dereita, Carlota e Melani, moi contentas, depositando as súas postais no buzón con forma de león, no exterior de correos. Abaixo, vemos a onde van parar as cartas cando as metemos no buzón exterior de correos, proceso previo ao mataselado que nos amosan a continuación. E aquí estamos co carteiro, xa todo uniformado, que comezaba a súa xornada laboral, recollendo as cartas na oficina para repartilas despois por toda a cidade, por eso é moi importante poñer ben a dirección de envío, para que non haxa fallos, tamén é necesario poñer sempre o remitente, por si non se atopa a dirección, retornen as cartas á nosa casa.
  
 E así, todos reunidos, rematamos a visita á oficina de correos, onde aprendemos moitísimas cousas e además saímos cheos de regalos, mirai mirai nas fotos o contentos que estamos.

Queremos agradecer a todo o persoal da oficina de correos o trato tan amable que nos deron, e a paciencia que tiveron con nos, xa que estiveron moi atentos á hora de explicarnos como funciona a oficina, a pesar de toda a xente que alí había xa a última hora, MOI FELÍZ ANO A TODOS!!!

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Life cycle of a frog

Rematamos o trimestre coñecendo o ciclo de vida da rá, aquí deixamos unha foto do mural que fixemos na aula de 2º de Primaria, na clase de Science.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Chega o Nadal


De aniversarios!!!

Os homenaxeados co seu agasallo.
Este mes de Novembro tivemos tres aniversarios, os cales celebramos xuntos, houbo agasallos, diversión, pizza feita na casa e doces!!
MOITAS FELICIDADES A OLAYA, ANA E ARTURO POR ESES ANIÑOS RECÉN CUMPRIDOS!!!
De festa.
Delicioso!
 Esquecemos sacar fotos dos aniversarios de Setembro (en Outubro non tivemos ningún), pero non é necesario dicir que tamén o pasamos en grande, FELICIDADES A TODOS!!!




Animals

E seguimos aprendendo cousas en Science, toca falar de animais, neste caso mamíferos e aves, que bonitos debuxos fixemos:


Tamén nos quedaron ben chulas as formigas, aínda que ó principio non tiñamos moi claro cales eran as antenas e cales as patas...



Non vos perdades o mural do ciclo da rá que estamos preparando! Proximamente no noso blog ;)