Este ano felicitámonos o Nadal mandándonos unhas postais, para elo acudimos á oficina de correos, onde mercamos os selos e aproveitamos para coñecer que hai detrás dos envíos. Alí amosáronnos como funciona todo o proceso: dende o momento en que mercamos o selo ata o momento no que as cartas saen da oficina. Incluso vimos como lles puñan o mataselos!!
Este é o momento no que chegamos á oficina, por sorte había pouca xente, pero rapidamente se encheu a oficina, recordai que estamos en época de Nadal, e moitos familiares están no estranxeiro.
Abaixo temos o momento no que mercamos o selo e o pegamos, con moito tino, arriba á dereita, como ben nos explicaron. Ahí está Hugo sen perder detalle.
E así, todos reunidos, rematamos a
visita á oficina de correos, onde aprendemos moitísimas cousas e además
saímos cheos de regalos, mirai mirai nas fotos o contentos que estamos.
Queremos agradecer a todo o persoal da oficina de correos o trato tan amable que nos deron, e a paciencia que tiveron con nos, xa que estiveron moi atentos á hora de explicarnos como funciona a oficina, a pesar de toda a xente que alí había xa a última hora, MOI FELÍZ ANO A TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario