jueves, 3 de enero de 2013

Actuación Nadal

Estarédesvos preguntando o por que destas nosas caras, non si?
Pois esa era a nosa expresión minutos antes de sair ó escenario para deleitarvos ca nosa actuación, nelas reflexanse os nosos nervios, medos e demais estados anímicos.
 






Xa enriba do escenario, medos e  nervios esquecidos, conseguimos dar o mellor de nós.

Á dereita temos a Antía, recibindo o seu premio tras resultar gañadora do concurso de postais. O outro gañador da nosa clase foi Arturo.





Visita do Paxe

Sabedes quen nos sorpendeu coa súa visita nestas datas tan bonitas? Un dos paxes dos reis Magos!!! Que si que si, que é certo!!! Deixamos as probas aca mesmo.
Claro que, xa que veu...aproveitamos para "suxerirlle" tooooooooodo aquelo co que nos podían  agasallar os reis cando se deixasen caer polas nosas casas, eso si, cousas útiles e necesarias, que non anda o tema para caprichos coa crise ;)




Ensaios

Talento

Un dos videos que descubrimos e nos impresionou moito foi o do grupo Walk off the earth, onde fan unha versión da canción de Gotye "Somebody that I used to know", podedes crer que 5 persoas poidan tocar unha mesma guitarra? Fixadevos como se coordinan, é algo incrible.

https://www.youtube.com/watch?v=Y4phH8xBurs&noredirect=1

jueves, 27 de diciembre de 2012

Aniversarios Decembro

Ten unha pinta exquisista, verdade? Pois así de rica estaba a marabillosa tarta de lambonadas coa que Lara nos deleitou.
Con moito esforzo e a axuda da súa avoa, este foi o resultado.

As homenaxeadas deste mes: Melani, Antía, Ana Valentina e Uxía, moi animadas co seu agasallo.
 Casi non podíamos esperar a comela, entre a boa pinta que tiña e o ben que cheiraba custounos esperar, eso sí, en canto puidemos, abalanzámonos sobre ela coma tigres!! Creo que ese día os alumnos de 2º de Primaria chegamos a casa co estómago tan cheo que apenas probamos bocado.
E non só os de 2º, o resto de clases tamén tivo oportunidade de probar un anaquiño, xa que Lara foi de aula en aula para que todos comesen un pedaciño.
Ó final do día esto foi o que quedaba da bonita tarta, solo nos faltou pasarlle a lingua á bandexa!!! 
Gracias Lara por este detalle!!!



A correos!

 Este ano felicitámonos o Nadal mandándonos unhas postais, para elo acudimos á oficina de correos, onde mercamos os selos e aproveitamos para coñecer que hai detrás dos envíos. Alí amosáronnos como funciona todo o proceso: dende o momento en que mercamos o selo ata o momento no que as cartas saen da oficina. Incluso vimos como lles puñan o mataselos!!

Este é o momento no que chegamos á oficina, por sorte había pouca xente, pero rapidamente se encheu a oficina, recordai que estamos en época de Nadal, e moitos familiares están no estranxeiro.

Abaixo temos o momento no que mercamos o selo e o pegamos, con moito tino, arriba á dereita, como ben nos explicaron. Ahí está Hugo sen perder detalle.

Á dereita, Carlota e Melani, moi contentas, depositando as súas postais no buzón con forma de león, no exterior de correos. Abaixo, vemos a onde van parar as cartas cando as metemos no buzón exterior de correos, proceso previo ao mataselado que nos amosan a continuación. E aquí estamos co carteiro, xa todo uniformado, que comezaba a súa xornada laboral, recollendo as cartas na oficina para repartilas despois por toda a cidade, por eso é moi importante poñer ben a dirección de envío, para que non haxa fallos, tamén é necesario poñer sempre o remitente, por si non se atopa a dirección, retornen as cartas á nosa casa.
  
 E así, todos reunidos, rematamos a visita á oficina de correos, onde aprendemos moitísimas cousas e además saímos cheos de regalos, mirai mirai nas fotos o contentos que estamos.

Queremos agradecer a todo o persoal da oficina de correos o trato tan amable que nos deron, e a paciencia que tiveron con nos, xa que estiveron moi atentos á hora de explicarnos como funciona a oficina, a pesar de toda a xente que alí había xa a última hora, MOI FELÍZ ANO A TODOS!!!